12 octubre, 2024

Blog de Galicia Máxica

Noticias, consejos y actualidad general de Galicia y el mundo. Turismo, naturaleza, patrimonio, ciencia y tecnología. Información directa y clara.

Mollámonos polo Río

Muchas veces permanecemos impasibles ante atentados ecológicos y patrimoniales y ante nuestros ojos se realizan verdaderas barbaridades inconcebibles. En Sarria se han propuesto que la tala de árboles promovida por el concello y por la Confederación Hidrográfica del Miño-Sil se aplaze para su revisión y estudio. Para ello han tomado una decisión drástica para que se les escuche. Así, la llamada de la Plataforma Sarriana polo Río ha tenido efecto y son varias las personas que han decidido encadenarse en los árboles de la Illa do Toleiro para evitar su tala.

una publicación de Galicia Maxica.

 

Para entender a la plataforma y a los sarrianos os acercamos el manifiesto leído el 23 de febrero en el Malecón de Sarria:

MANIFESTO da Plataforma Sarriana polo Río

– Leido no Malecón de Sarria 23 febreiro 2014.

«Atopámonos nunha paraxe que non debemos deixar de apreciar a pesar de tela diante de nós a diario. O modo en que se distribúe a auga do río, as pontes, as ribeiras, son o froito da sabidoría dos nosos devanceiros e o labor lento e calado da natureza.
É evidente que ten habido equivocacións e que non fomos dabondo coidadosos e mantedores deste tesouro, pero quizais por ter vivido moito tempo de costas ao río a esencia desta contorna está conservada en gran medida.
Nestes tempos nos que a nosa sociedade comeza a estimar e pór en valor esta herdanza recibida, se nos presenta, a base de feitos consumados, unha obra na que se despreza e esnaquiza sen rubor a única paraxe que podemos amosar aos nosos visitantes e a nós mesmos como parte de esa veiga orixinal pola que pasaron vellos reis antes de chegar a Vilanova de Sárria, no seu camiñar cara Compostela.
A obra que se está a facer vai destruir esta canle natural do río, de ribeira a ribeira eliminando, case por completo, o noso patrimonio histórico-artístico, etnográfico, cultural, ambiental e paisaxístico do corazón da zona baixa de Sárria.
Derrubarase a ponte dende a que estamos a falar e a ponte que tedes á vosa esquerda; a centenaria ponte do Toleiro e a ponte da rúa Calvo Sotelo (antiga ponte de Ferro, do século 19). Derrúbase un petril medieval da ponte Ribeira, que tedes a vosa dereita ao final do paseo, eliminarase case que todo vestixio do antigo muíño, presa, rairo e insua para o desvío da auga. Modifícase profundamente a fisonomía da parte de illa do rairo de saída, cambiando tamén a súa altura sobre o río. ¿Cantos pobos teñen a sorte de contar no seu centro cun conxunto semellante ao noso?
Coa illa desaparecerá o pequeno bosque de ribeira que contén, e coa intervención na marxe dereita o resto das árbores das que gozamos actualmente nesta zona (na súa maioría ameneiros que se atopan gravemente enfermos na maior parte de Galicia e que, curiosamente e por sorte, estes están sans). Efectivamente, mesmo aquí, no tramo urbano, o noso río conserva unha masa arbórea autóctona considerable, en bon estado de conservación e de recoñecido valor ambiental e paisaxístico. Non podemos esquecer nunca que un bosque non é unha simple suma de árbores. Un bosque é un organismo vivo, un sistema complexo que tarda décadas, se non centos de anos en formarse. Ten que darse unha causa de absoluta forza maior para que se destrúa algo tan valioso, que tarda tanto tempo en formarse.
A varanda á que niste momento podedes asomarvos (diseño do artista sarriao José Díaz Fuentes) tamén será eliminada e sustituída por unha de vidro e aceiro coa duvidosa finalidade de servir de posible barreira á auga en caso de riada.
A esta desfeita engádese a insensatez de ter investido recentemente máis de 700.000 euros dos vosos impostos en proxectos non rematados, como a adquisición e rehabilitación do muíño do Toleiro para centro UNESCO, ou os arranxos feitos neste mesmo paseo e que agora serán levantados novamente.
Con esta realidade na man non temos ninguna dúbida de que o proxecto que se está a executar nesta paraxe foi improvisado específicamente para xustificar un gasto e poder cargalo a subvencións recibidas dende a Unión Europea (Que dirían os nosos concidadáns europeos se soubesen o que facemos cos cartos públicos!).
Se as nosas autoridades pretenden xustificar esta intervención facendo referencia ao necesario plan de encanamento, pedimos que señan coherentes e responsables e que propoñan un auténtico proxecto integral, elaborado de forma participativa, respectuoso co patrimonio cultural e natural, e que sirva para o obxectivo de minorar o risco das riadas, non para obxectivos espúreos como os que acabamos de citar.
O que temos de diante non cumpre o obxectivo para o que están destiñados eses fondos públicos, que é minorar no posible os riscos das inundacións e os danos que as mesmas provocan, sendo únicamente un despilfarro en ornamento e urbanización nesta zona, así como a destrucción e reconstrucción inxustificada de dúas pontes entre outras infraestructuras como vimos de dicir, e tamén a destrucción irreversible do bosque de ribeira. O coste en termos medioambientais, paixasísticos, de patrimonio cultural e económicos nos está xustificado. Seguen sen abordar de forma integral as causas reais dos estragos que provocan as cheas, non se atacan nin se corrixen nos lugares onde se producen. Facer esta análise global que nós propoñemos implica un espíritu moi diferente ó que ven amosando a Confederación Hidrográfica; un espíritu que ten máis que ver con conservar e recuperar, que con destruir inxustificadamente a beleza e a riqueza da nosa contorna. Neste río Sarria as actuacións lévanse a cabo, a excepción da ponte da rúa Castelao, só neste Paseo do Malecón (zona que comprende 300 metros de río e que desde que se fixo nunca se inundou). Porén non se actúa sobre augas arriba: Ribela, Chanto, nin sobre augas abaixo, Campo do Río, Ameneirizas, Camiño Verde, Ponte Vella e Veiguiña, que xunto o Celeiro comprenden case 6 Km de ríos. Tampouco se actúa sobre os regatos que contribúen en gran medida aos asolagamentos, en zonas como a escolar, Vigo de Sarria, barrio da Estación, Insuas, etc., pero que tamén poderían funcionar como ferramentas de regulación. E como colmo da desvergonza e do engano, súmase na denominación do proxecto ao río Celeiro, no que non se vai a facer absolutamente ningunha actuación.
Ao non actuar de forma integral sobre os ríos Sarria e Celeiro, e nos regatos e regos que verten as augas a eles, os riscos e problemas que causan as inundacións non se corrixen senón que quedamos sometidos ao azar de que podan incluso xerar problemas máis graves no futuro inmediato, como recoñecen os propios redactores do proxecto.
Consideramos que certo número de intervencións menos agresivas, ben localizadas e probablemente menos costosas, poderían contribuir a reducir o risco de inundación sen arrasar a riqueza medioambiental, paisaxística e cultural das ribeiras e illas do río Sarria.
De toda esta riqueza, teremos que dar conta o día de mañá aos nosos fillos.
Sobre a base do exposto, a forza que nos da a razón, e a masiva presenza de cidadáns que estamos aquí, DICIMOS:
1º Non queremos quedar impasibles, queremos a inmediata paralización das obras en execución no río Sarria.
MOLLÁMONOS POLO RÍO!!
2º Non estamos en contra dun plan de actuación, senón que pedimos a elaboración, de maneira participativa, dun novo plan.
MOLLÁMONOS POLO RÍO!!!
3º Non queremos un plan que estrague a nosa herdanza; queremos un plan no que se conxugue a disminución dos riscos de enchente, co respeto ao patrimonio de Sarria, tanto histórico-artístico, como etnográfico, cultural, ambiental e paisaxístico, tendo moi presente o enclave da vila no Camiño de Santiago.
MOLLÁMONOS POLO RIO
4º. Non queremos destruir a biodiversidade da ribeira e illas do Malecón, queremos aumentala e protexela para sempre.
MOLLÁMONOS POLO RIO
5º Non queremos actuacións parciais, queremos que se traten ós ríos Sarria e Celeiro e os regatos que neles verten como un so sistema fluvial.
MOLLÁMONOS POLO RÍO!!!
6º Non queremos a inoperancia dos nosos mandatarios. Non somos políticos. Somos veciños que queremos sentarnos a discutir un novo proxecto a elaborar, e que sexa menos agresivo e menos despilfarrador.
“MOLLÁMONOS POLO RÍO!!!
7º Non queremos perder nin 1 € do ornamento asignado. O que queremos é que eses cartos, os nosos, se invistan racionalmente e equitativamente no conxunto das concas dos nosos ríos Sarria e Celeiro.
“MOLLÁMONOS POLO RÍO!!!
Só deste xeito poderíamos dicir que os fondos públicos dos que se dispón son ao fin empregados para o que foron concedidos.
Se os nosos políticos recapacitan, non nos terán enfronte, senón que iremos canda eles ata onde sexa necesario para recabar o apoio doutras administracións públicas e os fondos necesarios para execución dun proxento no que todos esteamos dacordo, que sexa de verdade útil e respectuoso co patrimonio cultural e medioambiental.
Coa vosa presenza hoxe e coa vosa actitude, ao Concello e á Confederación non lles queda outra posibilidade que reconsiderala súa postura. Esiximos parar as obras de inmediato e sentarse a falar coa veciñanza. O prazo se lles esgota, se se segue adiante, os danos serán irreparables. Se non valoran vosa presenza aquí e non queren ver a mensaxe que lles estamos enviando, se non están dispostos a deter a execución e dialogar, nos vindeiros días, anunciaremos novas mobilizacións e que non o dubiden, non imos parar ata que o consigamos.
Si se pode! Plataforma Sarriana polo Río»

Enlaces de interés:

Facebook: Plataforma Sarriana polo Río
Petición en Change.org